Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

2 mar 2022

Rosalía no Pensamento

Un ano máis celebramos na biblioteca o Día de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis importante.

Lembramos  a súa vida e obras máis importantes con unha exposición.

Para traballar a súa poesía cada alumno e alumna do centro pintou un pensamento.

Eleximos estas flores por ser as preferidas da escritora.

Utilizamos acuarelas, xa que eran as pinturas máis utilizadas na época de Rosalía.

Completamos os nosos traballos con versos de Rosalía.

Como veredes nos vídeos utilizamos os versos orixinais tal e como Rosalía os compuxo .Esperamos que vos gusten.









 








26 feb 2022

Queremos un mundo de Paz.

 No mes de xaneiro o equipo de biblioteca propuxo ao alumnado reflexionar nas diferencias da nosa vida en Lourenzá e outros lugares do mundo. 

Atopamos este material de Intermon que leva no cole vinte anos. Problemas e situacións que por desgraza seguen vixentes no mundo de hoxe.


11 dic 2021

CHEGA O NADAL

 Temos unha cesta de nadal cargada de sorpresas, estades todas e todos  convidados a saboréalas!!!!



 

NON QUEREMOS MULLERES TRISTES

Lembramos esta data realizando un mural.

Os alumnos e alumnas de primaria deseñaron emoticonos e os alumnos e alumnas de infantil lazos violeta    para concienciar a todos do  problema da violencia de xénero na sociedade actual. 


NON IMPORTA A RAZA.
NON IMPORTA A CLASE SOCIAL










MES DA CIENCIA

 Os alumnos e alumnas de 4º seleccionaron material bibliográfico do mundo da ciencia e os experimentos  para que os alumnos e alumnas de primaria se achegasen ao mundo dos científicos.

Amosaron a todos como se alimentan as plantas con este sinxelo experimento que podedes  ver neste vídeo. 







20 N DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS.

 EN ESTE CURSO QUE ADICAMOS AS ILUSTRADORAS E PINTORAS ELABORAMOS ESTE CARTEL DOS NOSOS DEREITOS QUE PODEDES VER NA BILIOTECA.




1 nov 2021

ILUSRAMOS A NOSA VIDA

Aquí tedes os cadros que fixeron os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º  ilustran momentos felices da súa vida como facía Julia Minguillón cando paseaba por Lourenzá.