Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

7 may 2014

Mundo cooperante.

Mundo cooperante como en anos anteriores acudiu a nosa biblioteca facer dúas actividades relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero.
Aos de infantil contoulles  As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Contando aos maiores.

Exposición

Contando o conto




Simón en Africa.

A nai de Mario, Ana Belén contounos o conto : Simón en Africa, que nos gustou moito.
Convidamos este trimeste a todos os nosos familiares a vir contarnos un conto. Grazas.


Recital de poesía.

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da poesía, e por iso todos os nenos que quixeron prepararon diferentes poemas para un recital. Abaixo tedes o vídeo de como resultou. Tedes que perdoar os erros, recitar é tamén un arte , e non somos profesionais.

6 may 2014

Contamos un conto: Bebé Bigotes.

Os nenos de 3º iniciamos os xoves pola tarde no recreo de comedor a ler e representar os "Best-seller" da Casiña de Fabola. 
      Empezamos por Bebé Bigotes , que podedes ler aquí na biblioteca ou tamén levalo para a casa e contarllo as vosas familias.

 Si pinchades no vídeo podedes ver a grabación en directo e nunha soa toma que fixemos.

Rato Tom e Rata Tomasa.

Os nenos e nenas de 4º contaron e representaron o conto: Rato Tom e Rata Tomasa, que está a vosa disposición aquí na Casa de Fabola. 


Coma sempre gravamos en directo e nunha soa toma a nosa  versión, pinchade no vídeo para velo.
                                  

28 abr 2014

AS PROFES CONTACONTOS

As profes Sandra, Lucía, Dina, Elvira e Rocío contaron un conto cada unha para todos os nenos que quixeron vir velas. Son  grandes narradoras.Elena 6º
Elvira contounos Unha familia de cangrexos.

Rocío contounos  A ratiña presumida.

Lucía contounas A gata con botas.

Dina contounos A nena do saco.

Sandra contounos O coelliño branco.

VENDO CINE NA CASA DE FABOLA


Vimos este corto. Gustounos moito, gañou un "goya" ao mellor corto de animación.
Tratábase dunha nena que andaba en silla de rodas e outra nena fíxose amiga dela...
É unha historia de superación e comprensión.Non deixedes de vela e de picar en" me gusta".
 Elena 6º

28 mar 2014

Contos para ver e escoitar: Corre corre, Cabaciña.

Os nenos de 4º e 5º de primaria representaron o conto " Corre corre cabaciña".


21 nov 2013

O patio do colexio é particular...

Atopamos no cole estes cogomelos. Os alumnos de 5º queren que lles axudemos a atopar de que especie se trata. Fixádevos nas fotos e no vídeo e a investigar.